O Xuven confirma a súa recuperación impoñéndose a domicilio ao Azpeitia (67-76)
Por Redacción
Está de volta. O Xuven, logo do seu bache de resultados, logrou este domingo en Azpeitia o seu segundo triunfo consecutivo (67-76) para situarse na zona tranquila da táboa na Adecco Prata.
Os amarelos sobrepuxéronse ao parcial inicial dos vascos (8-2) para mandar xa desde o primeiro cuarto no electrónico.
A partir dese momento os de Yago Casal, apoiados na súa defensa, foron ampliando aos poucos unha vantaxe que só se viu mermada no último cuarto cando o encontro xa estaba decidido.
Con esta vitoria o Xuven chega a final de ano cun balance de 5-6 no noveno posto, con tres triunfos de vantaxe co último clasificado que marca ademais a zona de descenso.
AZPEITIA AZKOITIA (67): Assalit, Ucles (10), Zyle (23), Guridi (11), Lander Lasa (9) -cinco inicial- Oroz, Arruti (10), Ibargutxi (2), Barberena, Okoye (2), Sow.
XUVENTUDE CAMBADOS (76): Orellano (9), Alberto Rodríguez (8), Rafa Wildner (7), José Luis Merino (12), Oubiña (7) -cinco inicial- Mamadou Diop (10), Lucas Vaquero (5), Diatta Diop (4), Taylor García (13), Patiño (1).
Árbitros: García Balzategui e Caamaño Muñoz. Sen eliminados.
Parciais: 14-18, 13-21, 18-21, 22-16.
Incidencias: Partidos disputado no Polideportivo Municipal de Azpeitia.