O CW Pontevedra, a pola quinta vitoria consecutiva na piscina do pechacancelas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Club Waterpolo Pontevedra desprázase esta fin de semana a Fuengirola (Piscina Municipal David Meca), para medirse ao Club Waterpolo Marbella, último clasificado, na penúltima xornada da primeira fase da Primeira División Nacional.
Con catro vitorias consecutivas e a permanencia na segunda máxima categoría do waterpolo nacional case no peto, as de Kike García tratarán de sumar o seu quinto triunfo seguido que lles permita pelexar ata a última xornada co Leioa polo terceiro posto do grupo A.
Con todo, o rival non o poñerá fácil. O cadro andaluz logrou a pasada semana a súa primeira vitoria na competición e atesoura un plantel con sobrada experiencia na categoría e con capacidade para plantar cara ás debutantes pontevedresas.
En caso de lograr unha vitoria, o equipo pontevedrés clasificaríase matematicamente para xogar a segunda fase da competición no grupo que loite polo ascenso.
O partido previsto para as 16.30 horas poderase ver en directo por streaming a través da páxina de Facebook do Club Waterpolo Marbella.