Duro esvarón para o Villalonga ante o Céltiga (1-2)
Por Redacción
Derrota dolorosa para o Villalonga en San Pedro ante o Cétiga (1-2) no último partido do ano.
O conxunto isleño levouse os tres puntos logo de haberse adiantado no marcador aos poucos minutos por medio de Janeiro.
Sen crear excesivas ocasións de gol os celestes foron capaces de empatar no tramo final grazas a un penalti transformado por Jorge Fernández, pero tamén dende os 11 metros, a falta de tres minutos para o final, Janeiro sentenciou para o Céltiga.
Con esta derrota o Villalonga se estanca na sexta praza con 28 puntos e ve como o segundo posto afástase ata os seis de distancia.
VILLALONGA FC (1): Albor, Manu, Leo, Cuqui (Gabriel, min.57), Saúl, Juanito, Adrián (Rego, min.58), Arias, Antonio, Machu, Jorge Fernández.
CÿLTIGA FC (2): Juanjo, Carlos, Borja, Janeiro, Bolo, Lozano, Ameneiro (Toño, min.88), Lucas (Unai, min.58), Iago Martínez, Diego (Eugenio, min.73), Berto (Javi, min.62).
Árbitro: Botana Rey (Santiago). Amoestou aos locais Leo e Juanito e ao visitante Berto. Expulsou por dobre cartón a Bolo no Céltiga (min.41) e Machu no Villalonga (min.57).
Goles: 0-1 Janeiro, min.10; 1-1 Jorge Fernández de penalti, min.79; 1-2 Janeiro de penalti, min.87.
Incidencias: Partido disputado no campo de San Pedro, Vilalonga.