Xornada redonda para un Sanxenxo que supera con claridade ao Unión Grove (3-0)
Por Redacción
Cómodo triunfo do Xuventú Sanxenxo en Baltar de Arriba ante un Unión Grove que se viu superado na segunda metade (3-0).
Tras unha primeira parte de dominio local pero sen reflexo no marcador, chegou o segundo tempo no que o conxunto amarelo mostrou a súa pegada.
Deivi e Diego Branco, en dúas ocasións, aseguraron o triunfo para os de ÿscar García ante un inofensivo Unión Grove e tres puntos de vital importancia para consolidarse na segunda praza.
Cos resultados dos seus competidores acompañando, dos sete primeiros clasificados só gañaron o líder Ribadumia e o propio Sanxenxo, os amarelos abren unha brecha de catro puntos co terceiro na táboa, o Porriño Industrial.
XUVENTÿ SANXENXO (3): José. Tinaia, Deivi, Minso (Dani, min.52), Darío, Fon, Hugo, Cerqueiras (Jorge, min.75), Aguín (Cañi, min.60), Diego Blanco, Cuchi (Juan, min.80).
UNIÿN GROVE (0): Jorge, Pichi, Anxo, Martín, Muelle, Corrales (Iván, min.67), Javi (Jandro, min.46), Pénjamo (Mateo, min.76), Piñeiro, Rodri, Gabriel.
Árbitro: Ventoso Noal (Santiago). Amoestou aos locais Cañi e Cuchi e aos visitantes Iván, Martín, Jandro e Piñeiro.
Goles: 1-0 Deivi, min.56; 2-0 Diego Blanco, min.60; 3-0 Diego Blanco, min.80.
Incidencias: Partido disputado no campo de Baltar de Arriba.