O Arxil pon a proba o seu bo momento de forma visitando un líder en horas baixas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Difícil compromiso para o Arxil, que visita a cancha do líder, o Tirso Intercentros, este sábado ás 20 horas. Con dez xornadas disputadas, as verdes afrontan o partido desde a sexta posición cun balance de cinco vitorias e catro derrotas; mentres que as locais lograron sete triunfos e só caeron en tres ocasiones. Con todo, chegan nunha serie negativa con dúas derrotas consecutivas.
Pola contra, o último partido do equipo pontevedrés deixou un pouso moi "esperanzador" polo "gran partido" realizado fronte ao Unicaja. A seriedade en defensa e o dominio do marcador durante os catro cuartos son as notas positivas que convidan o optimismo.
Pola súa banda, o conxunto santanderino sufriu este ano unha remodelación importante do plantel e desde o seo do Arxil advirten do perigo de xogadoras como Butina Inja, Eva Oliva, Teresa Sedlakova, Michaela Stejskalova ou Cristina Lazaro.