O club Xadrez Pontevedra e o Casino Mercantil manteñen vivo o recordo de Ramón Escudeiro Tilve
Por Redacción
O torneo, que mantén viva a lembranza do mozo pontevedrés que, a pesar da súa cegueira destacou na práctica do xadrez e o judo, foi presentado este luns polo concelleiro de Deportes, Agustín Fernández; o presidente presidente do Mercantil, Roberto José Vega, e o do club Escola Xadrez Pontevedra, Daniel Rivera.
Agustín Fernández subliñou que Ramón "é unha boa persoa, e digo que é porque o seu exemplo e os valores que representa seguen vivos entre nós". Roberto Vega cualificou como un orgullo poder acoller un torneo destas características. Finalmente, Daniel Rivera destacou o rango internacional dun torneo no que participan xogadores chegados de distintos puntos de España e Portugal, incluíndo unha ampla delegación.
O concelleiro de Deportes aproveitou tamén o acto para felicitar ao club pontevedrés por terse proclamado campión galego cadete por equipos. O equipo estará estes días no Campionato de España, que se celebra en Benidorm, o que lle impedirá participar no torneo na memoria de Ramón Escudeiro.
O torneo xógase polo sistema suízo a sete rondas. A organización mantén o streaming para poder contemplar as partidas en directo a través da Internet, no sitio www.xadrezpontevedra.com. O torneo reparte 1.125 euros en premios entre os sete primeiros clasificados.
Ramón Escudeiro Tilve (alcumado Ramón E.T.), cego dende os dous anos, faleceu o en xullo de 2012. Da súa valía dá conta o feito de que foi quen de disputar varias simultáneas de xadrez e chegou a colgarse a medalla de bronce no Campionato do Mundo junior de Judo para cegos.
O seu repentino pasamento, cando só contaba con 20 anos, impediulle cumprir o seu soño de participar nos Xogos Paralímpicos de Río de Janeiro, en 2016.