Un trotamundos na arbitraxe pontevedresa
Por Manu Otero
A de Xabier Villalba e a arbitraxe non é unha historia de éxito, senón de paixón. A relación deste pontevedrés co chifre naceu cando era aínda un adolescente e parece non ter fin. "Empecei con 17 anos, xogaba á vez que pitaba", explica Villalba os seus inicios, só uns días despois de retomar a súa afección no penúltimo banzo do fútbol galego. "Tras dous anos de pandemia volvín a arbitrar no colexio de Pontevedra na categoría de Segunda Galicia", relata cun sorriso no seu rostro,
Aínda que a súa traxectoria nunca o levou máis aló da Terceira División, na súa memoria perviven episodios inesquecibles. "Pitei a Thiago Alcántara cando xogaba no Ureca e tamén a Nico González, actual xogador do Barça cedido no Valencia, cando estaba no Montañeiros", rememora o cadrelo.
A súa primeira experiencia no estranxeiro chegou no ano 2012 cando se mudou a Brasil para seguir estudando. "Na Facultade de Administración de Caxias do Sul pitei nunha liga amateur chamada liga Serrana", explica o colexiado as súas vivencias na cidade do estado de Río Grande do Sur, cuxa capital é Porto Alegre.
A súa estancia no país suramericano foi breve e pronto decidiu volver facer as maletas, pero nelas sempre levou o banderín e o chifre. "Traballaba en HP e no 2014 tívenme que mover a Polonia e decidín poñerme a pitar alí. Arbitrei durante media tempada, uns doce partidos como asistente. Ía con árbitros que falaban ínguas e afacía pitar coa roupa do colexio de Galicia, xa que alí non me proporcionaron equipamento", detalla Villalba.
De Polonia mudouse a Eslovaquia. En Bratislava, despois de cada partido, el e os seus compañeiros tiñan un ritual imperdoable para combater o frío do inverno centroeuropeo. "Tomabámonos sempre un gulasz, é unha sopa calentita típica do lugar", narra o pontevedrés. Con todo, moitas veces non se decataba de que ía a conversación. "Iamos co e comentabámoslle o partido. Eu ás veces entendía o 10 por cento da conversación, pero se pasara algo importante os meus compañeiros do trío arbitral encargábanse de traducirllo", lembra entre risas.
O destino deparoulle unha nova aventura en Brasil, esta vez no estado de Sao Paulo. Foi a súa colaboración cunha asociación de fútbol desta rexión a que lle abriu as portas dos Estados Unidos. "Fun pitar un torneo en Boston. Foi o Memorial Day, pitei tanto a equipos infantís, femininos e masculinos, sorprendeume o gran nivel que tiñan", recoñece o árbitro.
O estalido da pandemia da covid-19 colleuno xa de volta na súa Pontevedra natal. As ligas rexionais víronse suspendidas na época máis dura das restricións e, aínda que o fútbol amateur regresou xa na pasada campaña, non foi ata este curso cando Xabier Villalba volveu a enfundarse o uniforme de árbitro. "Este ano volvín a arbitrar no colexio de Pontevedra na categoría de Segunda Galicia, espero poder demostrar toda esta experiencia internacional", declara en ton de broma.
Non colleitou premios nin compartiu campo con futbolistas multimillonarios, pero co que queda Villalba da súa traxectoria internacional é "a gran aceptación que percibín por parte de todos dos colexios aos árbitros españois e a gran experiencia que supón poder desenvolver a túa afección no estranxeiro, facendo amigos e sendo completamente imparcial polo feito de vir doutro país", remata.
Relacionadas:
-
O árbitro pontevedrés Álvaro Juncal e o asistente Sergio Doval estarán no play-off de ascenso a Primeira RFEF
Por Diego Espiño |
-
O Comité Galego de Árbitros recoñece o labor de PontevedraViva na celebración do seu centenario
Por Redacción |
-
Os árbitros pontevedreses de categoría nacional, en plena forma
Por Redacción |
-
Alejandro Muñiz: "Es el momento de la historia en el que más conceptos tenemos para los casos de manos"
Por Manu Otero |
-
O árbitro pontevedrés Alejandro Muñiz ascende a Primeira División: "Aún me tiembla todo"
Por Diego Espiño |