A Federación Galega sitúa á Gimnástica como o mellor equipo feminino do 2021
Por Redacción
A Federación Galega de Atletismo sitúan á Sociedad Gimnástica de Pontevedra e a Atlética Lucense como os clubs galegos máis prolíferos.
A entidade pontevedresa conta, en categoría feminina, cun total de 757,5 puntos colleitados durante a disputa dos distintos campionatos de Galicia desenvoltos no 2021.
Para elaborar a listaxe, analizáronse os oito primeiros postos de cada un dos campionatos galegos disputados. Xunto ás pontevedras e dun total de máis de 125 clubs, sitúase a Escola Atlética Lucense con 599 puntos, seguido do Club Atletismo Sada con 583 puntos e do Atletismo Femenino Celta con 560 puntos.
En canto á clasificación conxunta de ambas categorías, ao fronte da lista está a Escola Atlética Lucense, seguido polos pontevedres da Gimnástica, o Celta, o Club Atletismo Sada, ADAS Proinor, o Ourense Atletismo, o Atletismo Narón e a Atlética A Silva.