Solange Pereira e Pablo Bocelo triunfan na Milla Urbana de Sanxenxo
Por Redacción
Éxito de participación na 22 edición da Milla Urbana de Sanxenxo celebrada na matinal deste domingo.
Cun total de 401 rexistrados nas diferentes categorías, a competición demostrou ser unha das probas solidarias de maior participación da vila.
De feito, só nas inscricións houbo unha recadación de 838 euros, aos que aínda falta sumar o recolleito nas huchas colocadas durante a cita deportiva. Os beneficios destinaranse, como cada ano, á Asociación Nen@s de Sanxenxo.
Comezou a proba ao redor das 12:00 horas coa proba prebenxamín (200 metros), para dar paso posteriormente á benxamín (400 metros), alevín, infantil e cadete (800 metros).
Xa ás 12:50 horas chegou a quenda dos xuvenís/júnior, promesas/sénior, os veteranos A, os veteranos B e mesmo os elite, que tiveron que percorrer unha distancia de 1.609 metros. Nesta última categoría, os gañadores foron Solange Pereira na carreira feminina e Pablo Bocelo, na masculina.
Os primeiros clasificados en categoría feminina e masculina recibiron un premio en metálico de 500 euros; os segundos, de 250 euros; de 125 os terceiros; de 75 os cuartos e de 25 os quintos.
Os resultados completos da proba pódense comprobar na páxina de Champion Chip Norte.
Relacionadas:
-
Nova saída e cambios nas categorías nunha Milla de Sanxenxo que abre o prazo de inscrición
Por Redacción |
-
A Milla Vila de Sanxenxo concentra a máis de 300 corredores en Silgar
Por Redacción |
-
A Milla Vila de Sanxenxo recada case 800 euros para a Asociación Neen@s
Por Redacción |
-
A XXII Milla Vila de Sanxenxo recadará fondos para a Asociación Neen@s
Por Redacción |