Reencontros na 'xuntanza' de ex xogadores do Pontevedra C.F
Por Redacción
Varias xeracións de ex xogadores do Pontevedra C.F. reuníronse este sábado no Hotel Virxe do Camiño para celebrar unha amigable comida na que non faltaron as anécdotas e os recordos de épocas anteriores.
En total 40 ex xogadores das diferentes épocas da historia do club granate entre os que destacou a presenza da xente que formou parte do Pontevedra dos anos 70.
Entre os asistentes atopábanse Tuto, Sánchez, José Emilio, Domínguez, Canosa, Gabi Leis, Luis Rivas, Fuertes, Santos, Neira, Modesto, Rafa Sáez, Núñez, Marsillas, Churruca, Juan Fermín, Suso, Magdalena, Albino, Cortizas, Cortés, José Luis, Pedro ou Juan Castro.
Arceu, Salvador, Vázquez, Amador, Pamplinas, Amigo, Seso, Juanlu, Milo Abelleira, Fontán, Vicente, Lodeiro, Tonete, Suso Maderas, Juan Carlos, Fojo e Barreiro tamén participaron.