Triunfo vital do Arxil en Oviedo ante un rival directo pola permanencia (50-67)
Por Redacción
O Arxil logrou en Oviedo, ante o Universidad, unha vitoria das que valen dobre, ante un rival directo pola permanencia, nun partido no que as verdes raiaron a gran nivel (50-67).
ÿ o segundo triunfo da tempada para as pontevedresas e o segundo consecutivo a domicilio que lles permite afastarse dos postos perigosos da clasificación e ascender ata o oitavo lugar.
Tajay, con 18 puntos e 10 rebotes, e María González, con 15 puntos, destacaron no equipo arxilista, que se mantivo concentrado dende os primeiros minutos para evitar as lagoas que tanto dano lles fixeran noutros encontros.
Tras dous primeiros cuartos de lixeiro dominio verde pero marcados pola igualdade, o terceiro período resultou decisivo (5-17) especialmente pola defensa realizada polas de Mayte Méndez, que se limitaron dende ese momento e ata o final a controlar a renda para asegurarse gañar un partido que pode resultar vital a final de tempada.
UNIVERSIDAD DE OVIEDO (50): Orselli (8), Lara González (13), Avebe (1), Silvia Urdiales (4), Andrea Malanda (9) -cinco inicial- Magadán (2), Sara Fernández, Lucía Cavia, Tamara Labra (13).
CB ARXIL (67): Ana Martín, Carla Fernández (4), María Lago (8), Fany López (5), Tajay Ashmeade (18) -cinco inicial- María González (15), Andrea Carrera, Jara Tuda, Cristina Díaz (6), Sandra Entenza (11), María Quiroga.
Árbitros: Alonso Morán e Fuertes González. Eliminaron por faltas a Tamara Labra no equipo local.
Parciais: 15-13, 20-26, 5-17, 10-11.
Incidencias: Partido da sexta xornada da Liga Feminina 2 disputado no Polideportivo Universitario de Oviedo.