A XXII Milla Vila de Sanxenxo recadará fondos para a Asociación Neen@s
Por Redacción
O Paseo de Silgar acollerá o próximo 28 de agosto a XXII edición da Milla Vila de Sanxenxo, unha proba deportiva que foi presentada oficialmente este xoves e que contará un ano máis cun carácter solidario.
Nesta ocasión os fondos recadados coa inscrición entregaranse á Asociación Neen@s de Sanxenxo, que presta atención a familias con nenos que teñen necesidades especiais.
O día da carreira a actividade dará comezo ás 12.00 horas, con diferentes probas en función da idade con distancias desde os 200 metros ata a milla completa (1.609 metros).
Os corredores deberán formalizar a súa inscrición na páxina www.championchipnorte.com antes das 23:59 horas do xoves 25 de agosto.
"Trátase dunha proba moi consolidada xa non noso municipio coa que se pecha agosto e que ademais ten un fin solidario. Animo a participar a todo ou mundo e a colaborar cunha asociación que está facendo unha gran labor", explicou o concelleiro de Deportes, Daniel Arousa.
Na proba elite os premios a repatir serán de 500 euros ao primeiro clasificado, 250 euros ao segundo, 125 euros ao terceiro, 75 ao cuarto e 25 euros ao quinto, tanto en categoría masculina como feminina.