José Enrique, defensa do Liverpool, opérase en Pontevedra dunha lesión no seu xeonllo dereito
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un dos xogadores máis destacados do Liverpool, o defensa español José Enrique Sánchez estará de baixa case tres meses, unhas 10 semanas, tras superar con éxito unha operación no menisco do seu xeonllo dereito. A peculiaridade é que esta intervención realizouse o pasado xoves no Hospital Miguel Domínguez de Pontevedra.
O doutor José Juan García Cota, médico da Selección española de fútbol, realizoulle unha artroscopia para tratar a rotura do menisco do seu xeonllo dereito, unha operación na que non houbo complicacións.
O futbolista, que apenas pasou un día en Pontevedra, terá que esperar ata o próximo ano para volver ao terreo de xogo, posto que o proceso de rehabilitación prolongarase durante dous meses e medio.