Claro triunfo do Leis en Vilalba (1-6) para confirmase no liderado
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Velocidade de crucero para o Leis Pontevedra na Terceira División de fútbol sala, na que se confirma como líder en solitario tras impoñerse de xeito claro ao Vilalba FS (1-6).
O resultado con todo pode ocultar as dificultades dos de Manu Cossío na primeira metade, na que non atoparon o seu ritmo de xogo.
Con todo o Leis adiantouse no marcador, pero o Vilalba, aproveitando un erro visitante, logrou a igualada.
Antes do descanso os lerezanos volveron poñerse en vantaxe, confirmando o triunfo nunha segunda metade na que se mostraron moi superiores ao seu rival.
O Leis afrontará agora dous encontros consecutivos en casa, ante o Troula de Betanzos e o Coruxo.
VILALBA FS (1): Agustin, Miguel, Ismael, Aitor (1), Joel, Iago, Paulo, Oscar, Jose.
LEIS PONTEVEDRA (6): Márquez, Carlos Abadín, Martín, Sergio Martínez (1), Sergio García (2), Pablo Durán, Raúl Jiménez (1), Miguel López, Miguel Cabaleiro, Noel (2).
Árbitros: Fernandez Pita e Amor Viloso. Amoestaron ao xogador local Miguel.