O Peixe Galego vese superado polo Castelló na segunda parte (79-66)
Por Redacción
Clara derrota para o Marín Peixe Galego na súa visita á cancha do Amics de Castelló (79-66).
A pesar da renda final o choque resultou moi parello, sobre todo nos dous primeiros cuartos, nos que a igualdade foi máxima entre os dous equipos.
Así transcorreu o partido ata o tempo de descanso (35-34), pero á volta de vestiarios o conxunto local achegou unha marcha máis en ataque á que non supieon responder os de Javi Llorente.
A renda do Amics de Castelló foise incrementando paulatinamente dende ese momento consolidando un triunfo que se lles resistía nas últimas xornadas.
A pesar da derrota o Peixe Galego mantense nunha cómoda posición, sexto, na clasificación da Adecco Plata cun balance de 4-4.
AMICS DE CASTELLÿ (79): Alberto Fernández (8), Sales (4), Faner (9), Manuel Rodríguez (6), Atoyebi (16) -cinco inicial- Jorge García, Archiles (2), Ferrán, Alberto Ausina (19), García Flores (11), Nasarre (4).
MARÍN PEIXE GALEGO (66): Manu Ferreiro (4), Luis González (5), Aramburu (14), Albert Homs (9), Al Rapier (4) -cinco inicial- Darío Suárez (14), Víctor García, José Luis Fernández (11), Gregorio Adón (5), Dirugeris.
Árbitros: Gómez López e Blanco Castello. Sen eliminados.
Parciais: 17-17, 18-17, 24-17, 20-15.
Incidencias: Partido da oitava xornada da Adecco Prata disputado no Pabellón Municipal Ciutat de Castellón.