Cáceres imponse ao Xuven nun apertado partido (62-67)
Por Redacción
A punto estivo o Xuven de lograr un valioso triunfo ante un dos equipos máis potentes da liga, o Cáceres Patrimonio de la Humanidad, pero os estremeños remataron por impoñerse nun apertado final (62-67).
Non pintaban ben as cousas para os amarelos ao inicio do choque, cando os de Yago Casal mostraron serios problemas ofensivos que chocaban coa facilidade de anotación visitante.
Da man dun destacado Williams (20 puntos) o Cáceres abriu brecha no primeiro cuarto (13-20) ante un Xuven que se foi entoando no segundo parcial para reducir a renda a só dous puntos no tempo de descanso (26-28).
Aínda que o Conservas de Cambados sempre foi a remolque no marcador, foron varias as ocasións nas que logrou igualar a contenda, primeiro ao inicio do terceiro cuarto e despois a pouco do final, xa no último período.
Nese momento o bloque estremeño sacou a relucir a súa calidade para decantar o duelo ao seu favor con tres triplas consecutivas que acabaron de golpe coas esperanzas locais.
Con esta derrota, segunda consecutiva, o Xuven queda no oitavo posto da clasificación.
CONSERVAS DE CAMBADOS (62): Orellano (4), Alberto Rodríguez (18), Norman Rey (5), Merino (11), Taylor (10) -quinteto inicial- Lucas Vaquero, Juan Mato (2), Diatta Diop (8), Oubiña (4), Javier Patiño.
CÁCERES PATRIMONIO DE LA HUMANIDAD (67): Williams (20), Marco (6), Blair (11), Carter (6), Parejo (12) -quinteto inicial- Medina, Conejero, Pablo Bayle (2), Carlos Ferreiro, Ruiz (6), Kasse (4).
Árbitros: Morales Ruiz e González Zumajo. Sen eliminados.
Parciales: 13-20, 13-8, 19-23, 17-16.
Incidencias: Partido da oitava xornada da Adecco Prata disputado no pavillón do Pombal, Cambados