Duelo clave para o Poio FS en Ourense ante o Cidade de As Burgas
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
Novo derbi galego para o Poio Fútbol Sala, que se despraza ata Ourense para enfrontarse ao Cidade das Burgas (17:00 horas no Pavillón dos Remedios) coa intención de remotar a senda do triunfo.
As vermellas, despois de tres xornadas sen gañar, buscan "tres puntos fundamentales para tener tranquilidad", segundo recoñece o técnico do equipo, Marcio Santos.
Os dous equipos contan con dez puntos na clasificación, a catro dos postos de descenso, de aí o transcendental dun choque que Marcio espera "muy físico, donde las jugadas a balón parado pueden decidir".
O preparador brasileiro puxo especial atención a este aspecto, xunto ás rápidas transicións á contra que caracterizan as ourensanas.
O Poio Fútbol Sala só conta coa baixa de Anita, que evoluciona moi positivamente da súa lesión e mesmo xa se exercita con balón, aínda que a súa volta ás canchas non se producirá ata despois do parón propiciado pola disputa do Mundial.
Para este partido a convocatoria estará composta por: Silvia, Carmen, Charo, Peke, Ceci, Elena, Kiko, Claudia, Mar, Paloma e Yoly.
DESPRAZAMENTO DA AFECCIÿN
As xogadoras vermellas non estarán soas no Pavillón dos Remedios, pois a pena Os Miñocas encheu un autobús para apoiar o equipo, o que sumado aos coches particulares fai que se espere a presenza de preto de 80 afeccionados do Poio nas bancadas.