Nova derrota do Arxil fronte a un ADBA Avilés que desprazou só seis xogadoras
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5096478838aa7-anamartinesguincecervical.jpg)
© Diego Torrado
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/509647d87d9ce-arxil.jpg)
© Diego Torrado
Acéndense as alarmas no Arxil. Tres partidos e tres derrotas no arranque ligueiro, pero a diferenza desta coas dúas anteriores é radical: mentres as primeiras entraban dentro da lóxica, non así a sufrida fronte a un rival directo que ademais viaxou a Pontevedra con só seis xogadoras e que houbo de actuar os dous últimos minutos do partido con só catro xogadoras en pista ante a eliminación de dúas delas por persoais.
Espesas en ataque e sen intensidade defensiva, as rapazas de Mayte Méndez foron presa doada para o cadro asturiano, que se limitou a aproveitar as facilidades que lles deu o Arxil para anotar con comodidade no lanzamento exterior, especialmente nos dous primeiros cuartos do partido.
Aínda que o partido empezaba cun esperanzador 6-1 para as pontevedresas, pronto se puido ver que non era o día e as avilesinas tomaron a dianteira xa ata o final. Por se fose pouco, nun lance de xogo Ana Martín chocaba con Irene Solís, impactando na súa caída duramente coa pista, o que o provocou unha escordadura cervical. Ao instante foille aplicado un colariño protector e aínda que nun primeiro momento a aleiro pontevedresa notaba lixeiros mareos, afortunadamente foise recuperando, quedando o contratempo nun susto.
CB ARXIL (65): Carla (5), Jara Tuda (6), Ana Martín, Zara Huntley (16), Olga Fedorova (19) - cinco inicial - Marina, Sandra Entenza (5), Andrea Carrera (8), Estefanía López, Cristina Díaz-Pache (2) e Whitney Hood (4).
ADBA AVILESINO (78): Irene Solís (17), Belén Mejías (3), Aminata Seck (16), Anna Boleda (18), Pamela Moral (19) - cinco inicial - Ruíz (5).
Árbitros: Pazos e Gallego. Eliminadas por faltas persoais Irene Solís e Aminata Seck.
Incidencias: Pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Uns cen espectadores.