Dez medallas para o Galaico no XXIX Trofeo Cidade da Coruña
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Coruña acolleu o pasado fin de semana o XXIX Trofeo Cidade da Coruña, Memorial Eduardo Ramírez, coa participación de 24 nadadores en categorías júnior e absoluta do Club Natación Galaico.
Os deportistas do club lerezano lograron un total de 10 medallas na competición: tres de ouro, tres de prata e catro de bronce.
En canto á participación individual destacou o papel de Bea Gómez Cortés, que con 2242 puntos na táboa FINA quedou a tan só 115 de alzarse co título, un trofeo que foi finalmente para a tamén internacional María Vilas. Completou o podio Ana Catarina Monteiro, nadadora do club portugués Fluvial Vilacondense.
En categoría masculina o vencedor foi o nadador do Natación Ferrol Marcos García, con 2069 puntos, seguido de Adrián Gándara, do CN Ponteareas, e ÿscar Alonso, do Cidade de Santiago.