A Escola Xadrez Pontevedra adxudícase a Copa Galicia Cadete de Clubs
Por Redacción
Abafador resultado do Escola Xadrez Pontevedra (EXP) na Copa Galicia Cadete de Clubs que se celebrou o pasado fin de semana no Sporting Club Casino da Coruña.
Alí o equipo desprazado pola EXP impúxose, entre outros, ao anterior gañador, o Viaxes Interrías de Vilagarcía, adxudicándose os nove encontros disputados.
Os xadrecistas pontevedreses sumaron un total de 34 partidas gañadas, unhas táboas e unha perdida.
Alberto Portela, Miguel Rodríguez, David García e Álvaro Maquieira foron os compoñentes do equipo que se alzou co título galego, tres semanas antes de afrontar un dos grandes retos da tempada, o Campionato de España de Clubs que se celebrará en Benidorm.