Boas sensacións para o Pontevedra Rugby e primeira derrota para o Mareantes
Por Redacción
A pesar da clara derrota do Pontevedra Rugby Club na súa estrea como local (27-45), o club pontevedrés rematou satisfeito do encontro, e é que en fronte estaba o líder invicto da competición, Os Ingleses de Vilagarcía.
O conxunto adestrado por Chamy Doval, a pesar das baixas que o están a lastrar no inicio de tempada, cargouse de moral nun partido no que anotou catro ensaios ante un bloque, o vilagarciano, chamado a pelexar polo título de liga.
O último ensaio do Pontevedra RC nos instantes finais achega un punto ao equipo grazas ao bonus ofensivo, o que o sitúa con tres na clasificación no sexto e penúltimo lugar.
DERROTA DO MAREANTES EN OURENSE
Tamén saíu derrotado o Mareantes do seu duelo desta xornada, no campo do Campus Ourense (25-10).
Os lerezanos perden así a súa imbatibilidade nun partido no que se viu superado polo seu rival, que rematou anontando ata catro ensaios.
Tras este resultado o Mareantes permanece no terceiro posto con 11 puntos, a seis do segundo, o Vigo Rugby B.