Raúl Casalderrey, do Froiz, terceiro clasificado sub 23 no Campionato de Galicia
Por Redacción
O corredor do Grupo Deportivo Supermercados Froiz Raúl Casalderrey acabou en terceira posición no campionato de Galicia disputado a pasada fin de semana en Betanzos.
Despois dunha dura carreira marcada por unha escapada que sempre estivo controlada polo pelotón polo homes do Froiz e o Eolo Kometa, na última subida a Galibier xa estaba neutralizada pero un erro no percorrido fixo parar a carreira durante máis de 15 minutos.
Tras o parón producíronse continuos cortes e ataques marchándose por diante os corredores elite.
En categoría sub23 Raul Casalderrey entrou terceiro en meta cos seus compañeiros Manuel Rodríguez e José Autran.