A Deputación agradece aos clubs de elite masculinos da provincia o seu "esforzo e compromiso"
Por Redacción
Os clubs deportivos de elite masculinos da provincia foron recoñecidos este mércores nun acto público da Deputación de Pontevedra.
Acudiron representantes do Pontevedra CF, GD Supermercados Froiz, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Coruxo FC, Arosa SC, Club Balonmán Cangas, Club AMFIV, Club Ciclista Rías Baixas, Tenis de Mesa Monte Porreiro e Bádminton Ravachol.
"Queremos darvos as grazas polo voso esforzo e compromiso" e desexarvos "todos os éxitos do mundo", sinalou o deputado de Deportes Gorka Gómez, mentres que a presidenta provincial, Carmela Silva, defendeu que "as administracións públicas temos o deber de financiar o deporte de base, que é fundamental, e tamén o de elite que ten un enorme poder de atracción e sitúa á nosa provincia no mapa".
Segundo sinala a Deputación os clubs de elite masculinos da provincia recibiron este ano 2022 achegas por valor de 590.000 euros.
Os clubs pola súa banda destacaron a axilidade á hora de recibir as subvencións. Neste sentido a máxima dirixente do Pontevedra Club de Fútbol, Lupe Murillo, afirmou que estas axudas "son importantes para a supervivencia dos clubs", defendendo ao deporte de elite "como fundamental para que haxa deporte de base" ao ser os deportistas referentes para os máis novos.
Relacionadas:
-
A Deputación reparte medio millón entre 51 clubs de deporte náutico da provincia
Por Redacción |
-
Convocan as axudas para as escolas deportivas municipais da tempada 2022-2023
Por Redacción |
-
"Acto de recoñecemento, admiración e agradecemento" na Deputación aos clubs femininos de elite
Por Redacción |