Gómez Noya recolle en Madrid a medalla de ouro ao Mérito Deportivo que non puido recibir en outubro
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Álvaro Alonso / Ferrol360
O triatleta afincado en Pontevedra Javier Gómez Noya recibiu este domingo en Madrid a medalla de ouro da Real Orde do Mérito Deportivo. Entregoulla o presidente do Consello Superior de Deportes, Miguel Cardenal, nun acto sobrio que se levou a cabo no Centro de Alto Rendemento. Tamén estivo presente o presidente da Federación Española de Tríatlon, José Hidalgo.
Os demais deportistas homenaxeados (entre eles a pontevedresa Tamara Echegoyen) recibiron a súa medalla o pasado 29 de outubro no Teatro Alcalá, pero Gómez Noya non puidera asistir por diversos motivos. Así pois, o deportistas une esta condecoración a outras como a distinción de Fillo Predilecto de Ferrol, outorgada en setembro do pasado ano.
"Es algo bonito y especial que reconozcan tu trabajo, no solamente este año sino de toda la trayectoria. Me alegra, me motiva y estoy muy agradecido por ello, sobre todo porque es el máximo galardón que te pueden dar como deportista. Me parece estupendo", comentou o triplo campión do mundo a Ferrol360 tralo acto.
Asegurou que ao contrario das carreiras, estes premios son algo que non pode controlar: "A veces te los dan, a veces no. En este caso se han acordado de mí". Engadiu así mesmo que o presidente do CSD, Miguel Cardenal, felicitoulle "por toda la trayectoria" e "se puso a disposición para todo lo que necesite".
MÁIS RECOÿECEMENTOS
E as homenaxes a Javier Gómez Noya non se acaban coa mencionada medalla de ouro. O próximo 18 de decembro será galardonado tamén coa medalla do Comité Olímpico Español xunto a outro dos seus compañeiros durante a tempada, o mallorquín Mario Mola, que foi terceiro no último Mundial.
"Recibir un premio con Mario me hace mucha ilusión. Ha hecho un año espectacular y creo que estos premio más que individualmente para nosotros, son buenos porque dan que hablar sobre el mundo del triatlón. Es algo muy positivo para nuestro deporte", dixo este ferrolano afincado en Pontevedra.
Doutra banda, nalgunha ocasión quedouse moi preto de conseguir o Premio Príncipe de Asturias -este ano foi finalista-, aínda que afirma que non é algo que lle preocupe demasiado: "En este tipo de premios es un jurado que valora una trayectoria y diferentes aspectos de la vida de una persona. Ahí no puedo influir demasiado y no me quita el sueño. Si algún año me lo dan, estupendo. Si no, estaré igual de contento".
"CÿMODO" EN PONTEVEDRA
Malia estar cada vez máis días fóra de Galicia por motivos obvios, Gómez Noya deixou claro o seu sentimento ferrolán: "Viví en Ferrol desde que era un bebé y sigo teniendo una casa en Ferrol". Aínda que, agora volverá aos seus adestramentos en Pontevedra, a súa segunda cidade, onde se atopa "cómodo", subliña, e "todo el mundo" acolleuno "muy bien".
Así mesmo, coñecer tantos países sérvelle para ver as cousas doutra forma desde fóra: "El haber viajado tanto me ayuda a valorar lo que tenemos en casa, lo que tenemos en Ferrol, y también a ser crítico con las cosas que quizás no hacemos bien".
As Series Mundiais de 2014, o seu gran obxectivo, comezarán o próximo 4 de abril en Auckland, Australia. Ata ese momento, os adestramentos e as homenaxes serán o seu día a día.