O Pontevedra Rugby Club enfrontarase en xuño ao todopoderoso FC Barcelona
Por Redacción
O Pontevedra Rubgy Club vivirá no mes de xuño unha experiencia do todo envexable, e é que viaxarán a Cataluña para enfrontarse ao sempre todopoderoso FC Barcelona.
O seu equipo M16 e actual subcampión galego, o M18 e os sénior tanto feminino como masculino desprazaranse a Barcelona convidados polo club azulgrana.
Este é só un os compromisos que ten pechada a directiva do club pontevedrés, que segue negociando torneos e encontros para os equipos da escola durante esta primeira así como actividades de visibilización do equipo na cidade.
Pero antes de desprazarse a terras catalás, o Día das Letras Galegas, o 17 de maio, xogadores M14 do Pontevedra Rugby Club participarán co equipo Valentes de Santiago (club irmán dos de Pontevedra) na Copa Xunta, torneo en formato Seven que organiza o Vigo Rugby Club e no que tamén participarán os equipos, os equipos M16, M18 e os absolutos masculino e femininos do PRC.