"Máxima dispoñibilidade" do Concello á opción de Pasarón como sede do play-off a Segunda
Por Diego Espiño
O concelleiro de Deportes de Pontevedra, Tino Fernández, valorou este xoves como " moi interesante" a opción do que o Estadio Municipal de Pasarón sexa unha das sedes que escolla a Real Federación Galega de Fútbol para acoller a fase de ascenso a Segunda División.
Galicia será anfitrioa do evento as tres próximas tempadas, pero no que respecta ao presente curso só son seguras como sede as cidades da Coruña e Ferrol.
"Pola nosa banda a máxima dispoñibilidade a facilitar esa posibilidade de que Pontevedra sexa unha das sedes", explicou Fernández a PontevedraViva aínda que revelando que polo momento "a Federación Galega de Fútbol non se puxo en contacto con nós de maneira oficial".
En todo caso a posibilidade de que acoller un evento que atraia un gran número de afeccionados chegados desde diferentes puntos do estado vese con bos ollos.
"Estamos á espera de que por parte da Federación se concrete esa oferta e cales son os términos para poder valoralala e ver se é posible", concluíu o edil de Deportes.