Outro histórico para o Teucro en oitavos de Copa, o Fraikin Granollers
Por Diego Espiño
Decano contra vicedecano do balomano de nacional. De novo o bombo deparou unha eliminatoria ante un histórico para os oitavos de final da Copa do Rei, o Club Balonmano Granollers.
O conxunto catalán, club máis antigo do país e quinto clasificado na actualidade na liga Asobal a un punto do segundo posto, visitará o Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra nunha eliminatoria que se disputará de novo a partido único.
Entre outros logros, no palmarés do Granollers locen 11 títulos de liga, unha Recopa e dúas copas EHF.
O sorteo, celebrado na mañá deste luns na sala de xunta de Asobal, complétase cos seguintes partidos: Cangas-Anaitasuna, Villa de Aranda-FC Barcelona, Ángel Ximénez-BM Aragón, Juanfersa Gijón-Ademar, Ciudad Encantada-Puerto Sagunto, Guadalajara-Huesca y Barcelona B-Naturhouse La Rioja.
A falta de confirmación por parte dos clubs implicados, os partidos xogaranse o mércores 11 de decembro.