O Peixe Galego volve ao País Vasco co obxectivo de alongar o seu bo momento deportivo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Tras a importante vitoria ante o Conservas de Cambados, o Marín Peixe Galego emprende viaxe a terras vascas. Alí espéralles, este sábado ás 19.30 horas no Polideportivo de Mendizorroza (Vitoria), o Araberri, un equipo que a pesar do seu irregular inicio de tempada está chamado a pelexar por entrar no play-off polo título da Adecco Prata. Será o segundo partido fóra de casa para os marinenses.
Conta cun persoal moi renovado, pero un calendario esixente e varias lesións impedíronlle brillar como se esperaba. Aínda así non se trata dun rival cómodo. O equipo, dirixido por Iurgi Camiños, mestura a presenza de xogadores experimentados na liga (Ales Arcelus, Néstor Zamora ou ÿscar Raya) con dous rookies no baloncesto europeo: o francotirador Malik Story e o ala-pivote brasileiro Arthur Bernardi.
Nun histórico pavillón como é o Polideportivo de Mendizorroza, os de Javi Llorente intentarán referendar o bo partido fronte ao Conservas Cambados e continuar cunha liña ascendente, volvendo competir novamente como o fixeron ata agora. Sen ningunha dúbida, unha das claves estará na intensidade coa que o equipo saia ao parquet e o seu rigor defensivo durante todo o choque.