A Praza de España, escenario o domingo dunha concentración pola seguridade dos ciclistas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A campaña Non máis ciclistas mortos nas estradas impulsada pola Federación Galega de Tríatlon, chega a Pontevedra o vindeiro domingo, día 10 de novembro, cunha concentración que terá lugar na Praza de España a partir das 12:00 horas.
A cidade de Lérez vivirá un dos actos simultáneos, programados tamén en Ferrol, Noia, Vigo, Ribeira, A Coruña e Lugo, cos que se pretende "concienciar aos usuarios das vías públicas do vulnerable que é o ciclista", segundo explicou Luís Piña, director técnico da Federación.
Pancartas, carteis e camisetas co lema Non máis bágoas: Respecta o seu espazo estarán presentes nas diferentes probas en alusión ao metro e medio de distancia que os vehículos deben gardar á hora de adiantar a un ciclista na estrada.