A Selección Nacional de waterpolo busca novos talentos entre sete xogadores do CW Galaico Pontevedra
Por Redacción
O coordinador Técnico da Selección Nacional de Waterpolo Antonio Aparicio estará este venres en Pontevedra. Chega para participar nunha xornada o Plan Nacional de Tecnificación Deportiva (PNTD). No marco desta visita, dirixirá e observará os xogadores galegos de categoría cadete, nacidos nos anos 1998 e 1999, en busca de novos talentos.
A concentración terá lugar na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra entre as 18:00 e as 20:00 horas. Están convocados 21 xogadores de seis clubs galegos.
O CW Galaico Pontevedra será o que teña maior representación, con sete xogadores convocados: Pablo Sueiro, Pablo Teijeira, Jacobo Baltasar, Iago Facal, Luís Mosquera, Juan José Roca e Aarón Tellería, estes dous últimos aínda infantís.
SELECCIÿN GALEGA INFANTIL
Ademais, o sábado pola mañá celébrase en Pontevedra, nas piscinas de Rías do Sur, a segunda concentración da selección galega infantil de waterpolo, para a que están convocados 23 xogadores galegos, entre os que nove representan ao CW Galaico Pontevedra: Juanjo Roca, Eric Tacón, Artai Pouses, Aarón Tellería, Germán Amoedo, Rubén Rodríguez, Xian Barros, Rodrigo Sobral e Ángel Castrillón.
A concentración comezará ás 9:00 horas e finalizará ás 14:00 horas. Ás 12:30 horas haberá un partido entre os xogadores da selección infantil e un equipo formado por xogadores cadetes e xuvenís do CW Galaico Pontevedra, que farán de sparring ao combinado galego.