Saída vital do Arosa ao Carballiño para recuperar xornada perdida
Por Diego Espiño
Xornada clave para o Arosa, que este mércores (20.00 horas) recupera o partido aprazado pola covid fronte a un rival directo pola permanencia, o Arenteiro.
O cadro arlequinado visita O Carballiño cunha renda de tres puntos sobre o seu rival, que ocupa o primeiro dos postos de descenso directo a Terceira RFEF, e faino coa necesidade de esquecer canto antes a goleada encaixada ante o Llanera.
"Cando vés dun resultado como o que vimos, de non facer un bo partido, o que queres é xogar canto antes", asegura o técnico dos de Vilagarcía, Jorge Otero, convencido de que o cansazo non será determinante.
Otero cre, iso si, que para vencer e conseguir un importante respiro na clasificación "temos que mellorar no aspecto defensivo, nós temos que gañar a partir de ser un equipo forte defensivamente", o que pasa por "mellorar a concentración individual, eses descoidos que nos están custando goles".
O preparador arosista eloxia a calidade do plantel do seu próximo rival, que ademais se reforzou no mercado de inverno, pero defende que "estamos capacitados para competir".
Para este encontro será baixa no Arosa Alberto Martín por sanción, ademais do lesionado Róber.
Relacionadas:
-
Sufrido e valioso punto do Arosa na casa do Arenteiro (1-1)
Por Diego Espiño |
-
Tres goles en 14 minutos amargan o Arosa en Llanera (3-0)
Por Almu Dapena |
-
Desestiman o recurso do Arosa contra a data fixada para recuperar o partido contra o Arenteiro
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Fajardo dálle a vitoria ao Arosa ante o Marino de Luanco cun gol no desconto (2-1)
Por Almu Dapena |