Dous ciclistas do Froiz, seleccionados para representar a España no Mundial de Ciclocrós
Por Redacción
A primeira tempada do resucitado proxecto de ciclocrós do Grupo Deportivo Supermervcados Froiz vai terminar cunha gran cita, todo un Campionato do Mundo como o que terá lugar a próxima fin de semana en Fayetteville, localidade do estado norteamericano de Arkansas.
Alí estarán Gonzalo Inguanzo e Miguel Rodríguez, que foron convocados polo seleccionador Pascual Momparler para representar a España na cita.
A gran tempada de ambos os dous, co segundo posto de Inguanzo e o terceiro de Miguel no campionato nacional e o primeiro e segundo posto na Copa de España, recibe desta forma unha gran recompensa.
Xunto a eles compoñerán a selección española Felipe Orts, Kevin Suárez, Lucía Gonzalez, Lida Pinto e Raúl Mira.
Tanto Miguel Rodríguez como Gonzalo Inguanzo competirán no Mundial na carreira sub-23 prevista para o vindeiro sábado 29 de xaneiro.
Relacionadas:
-
A Selección de Galicia de ciclocrós regresa con 10 medallas do Campionato de España disputado en Xátiva
Por Redacción |
-
Protagonismo pontevedrés no Campionato Galego de Ciclocrós disputado en Maceda
Por Redacción |
-
Miguel Rodríguez, do Froiz, campión da Copa de España sub23 de ciclocrós
Por Redacción |