O Waterpolo Pontevedra inicia o ano con liderado na Liga Galega
Por Redacción
O ano 2022 non puido comezar de mellor maneira para o Club Waterpolo Pontevedra, que se mantén como invicto esta tempada e colócase como líder da Liga Galega Absoluta Masculina.
O conxunto pontevedrés superou con contundencia no seu primeiro partido do ano o Pabellón Ourense (3-11), nun duelo máis igualado do que reflicte o marcador final.
Os de Javi de Sáa, pouco acertado nos primeiros minutos, foi mellorando para superar o 2-2 do primeiro cuarto e tomar vantaxe antes do descanso (2-4), aínda que non foi ata o terceiro parcial cando puxeron terra polo medio para levar o triunfo.
Desta forma o Waterpolo Pontevedra mantén o seu pleno de vitorias á espera dos dous últimos partidos da primeira volta da liga, un deles unha auténtica proba de lume para comprobar o seu nivel ao ter que enfrontarse ao campión do curso pasado, o RCN Vigo.
A xornada deixou ademais a estrea co primeiro equipo de catro xogadores xuvenís.
CAMBIO DE DIRECTIVA
Noutra orde de cousas, o Waterpolo Pontevedra celebrará a súa asemblea anual ordinaria de socios o próximo 21 de xaneiro no edificio da Xunta de Galicia en Benito Corbal para informar á súa masa social da situación actual do club.
Ademais terá lugar outra convocatoria, extraordinaria cuxo único punto na orde do día será a celebración de eleccións á presidencia e a correspondente renovación da xunta directiva.
Relacionadas:
-
Jose Tellería é reelixido para presidir o Club Waterpolo Pontevedra outros catro anos
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra busca o pleno na Copa Galicia masculina e feminina
Por Redacción |
-
O Plan Nacional de Tecnificación Deportiva de Waterpolo aterra en Pontevedra
Por Redacción |
-
Presentación 'máxica' do Waterpolo Pontevedra para a nova tempada
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Triunfo para o Waterpolo Pontevedra no seu reencontro coa Liga Galega
Por Redacción |