Inxusta derrota do Poio F.S. que mereceu máis (1-4) fronte á A.D. Alcorcón
Por Ramiro Espiño
Quen non vira o partido e só coñeza o resultado caerá no erro de pensar que o Alcorcón paseouse na Seca, exhibindo a súa superioridade sobre o equipo local. Nada máis lonxe da realidade. O Poio F.S. realizou o mellor partido como local da presente tempada, pero non foi suficiente. A boa defensa madrileña e a gran actuación da súa porteira Miriam, resultaron claves para decidir un marcador de xeito evidente inxusto á vista do xogo e méritos exhibidos por ambos equipos.
Por si isto fose pouco, a diferenza de efectividad ante a porta rival marcou o partido. Mentres as "rojillas" tiñan o balón, dominaban o xogo e o partido, pero estrelábanse unha e outra vez, ben coa madeira ou coas intervencións de Miriam, as visitantes marcaban dous goles en só tres chegadas en toda a primeira parte, e logo sentenciaban na segunda aproveitando unha inferioridad numérica local, pola expulsión (dobre amarela) de Peque, para ampliar aínda máis a conta nunha contra cando o Poio, envorcado en busca de reducir diferenzas, negábase a admitir a súa derrota.
Ceci lanzaba ao poste aos 4 minutos de partido, e Andrea marcaba cun gran disparo cruzado por alto, sen apenas ángulo, que sorprende a Silvia. De novo Ceci tópase coa madeira, estrelando o balón no longueiro, mediado o primeiro período. Logo sería a quenda para Kiko, que se topa coa porteira madrileña, nunha clara ocasión de marcar.
O empate chegaría das botas de Charo, ao recoller un rexeite de Miriam a remate da mesma Charo. Pero pouco duraría a alegría nas filas locais, xa que ao minuto seguinte de novo adiantábase o Alcorcón, nunha contra culminada por Sandra.
Aínda habería tempo antes do descanso para que Kiko, en tres ocasiones, puxese a proba a unha enorme Miriam.
Na reanudación seguiu a mesma tónica de dominio do Poio, que buscaba e acariñaba o empate en cada xogada, ata que unha inxenuidade de Peque custáballe a súa segunda tarxeta e con ela o partido, porque con superioridade numérica as madrileñas facían o terceiro tanto.
Aínda puido Charo meter ás súas no partido, pero no man a man con Miriam non puido superar á meta madrileña, sóa desde o bordo do área, rematando alto.
A falta de 6 minutos chegaba a sentenza cando Andrea aproveita unha contra e fai subir o cuarto gol visitante ao marcador. O Poio iniciaría o xogo de cinco, pero as visitantes fixeron gala dunha magnífica defensa, tapando todos os camiños cara ao seu portería.
POIO F.S. (1): Silvia; Charo, Claudia, Ceci, Kiko -cinco inicial-, Yoly, Peque e Elena. Non xogaron: Carmen (p.s.), Mar e Paloma.
A.D. ALCORCÿN (4): Miriam; Andrea, Paloma, Desirée, Isabel -cinco inicial-, Sandra, Leire, Sofía, Lara e Natalia. Non xogou: Eva (p.s.).
Árbitros: Castro Maquieira e Otero Baltasar (Pontevedra). Expulsaron por dobre amarela a Peque, do Poio (minuto 25). Amonestaron a Ceci, polo Poio, e a Sandra, polo equipo madrileño.
Goles: (0-1) Minuto 6: Andrea. (1-1) Minuto 16: Charo. (1-2) Minuto 17: Sandra. (1-3) Minuto 26: Sofía. (1-4) Minuto 34: Andrea.
Incidencias: Pabellón Municipal da Seca (Poio). Cheo.