![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/534b324912fcf-campana-triatlon.jpg)
© Federación Galega de Tríatlon
Pontevedra unirase ao berro unánime do tríatlon galego: Non máis ciclistas mortos nas estradas!
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O número de atropelos de ciclistas nas estradas segue sendo alarmante. Con ese motivo, a Federación Galega de Tríatlon pon en marcha unha campaña de sensibilización coa que buscan concienciar aos condutores sobre o perigo que sofren os ciclistas nas estradas para que respecten as distancias de seguridade. E Pontevedra será unha das cidades que, o próximo 10 de novembro, acollerá as actividades desta campaña.
Esta campaña, que leva o lema Non máis ciclistas mortos nas estradas, terá lugar en Pontevedra, A Coruña, Ferrol, Riveira, Noia e Vigo. Con ela, o tríatlon galego que denuncian que se produce "máis dunha morte por semana nas estradas, unha porcentaxe demasiado elevada e temos que facer todo o que estea nas nosas mans para que isto non siga acontecendo", segundo explicou o presidente da Federación Galega, Paco Villanueva.
Nos próximos días presentaranse as actividades que se celebrarán en Pontevedra, que incluirán unha concentración deportivas de sensibilización. Nas diferentes probas haberá camisetas, pancartas e carteis co lema Non máis bágoas: Respecta o seu espazo.
O obxectivo da Federación Galega é continuar con esta iniciativa moito máis alá do día 10 de novembro, xa que queren que sexa unha campaña permanente. Así, na próxima tempada "en todas as probas entregaremos camisetas co logo da campaña, recordando a necesidade de manter o metro e medio de distancia cos ciclistas na estrada". E tamén pedirán ás institucións que "coloquen sinais nas estradas chamando á precaución por ser rutas de ciclistas".