Elena Ruse e Pedro Martínez, campións do XII Torneo Internacional Júnior de Sanxenxo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Torneo Internacional Júnior de Sanxenxo xa ten gañadores na súa duodécima edición. Trátase da tenista romanesa Elena Ruse e o español Pedro Martínez.
Ruse impúxose nunha disputada final á rusa Natalia Vikhlyantseva (6-4 e 6-4) a pesar de xogar todo o torneo cunha lixeira escordadura no seu nocello esquerdo.
Por outro lado Pedro Martínez impúxose no cadro masculino despois de vencer unha final marcada pola lesión do tamén español Álvaro López, con problemas nas súas costas (6-3 e 6-1).
Unha vez finalizado o campionato júnior é agora quenda para o Torneo Internacional Cadete, que na súa sexta edición volve disputarse nas pistas do Círculo Cultural Deportivo.
XIX OPEN CIDADE DE PONTEVEDRA
As instalacións do Club de Tenis na Caeira acolleu este domingo a final do XIX Open Ciudad de Pontevedra, na que se impuxo o número un do ránking galego, Roberto Rodríguez, ante Rodrigo Figueroa.