O Avilés-Pontevedra, en horario matinal por votación popular
Por Diego Espiño
O próximo rival do Pontevedra Club de Fútbol en liga, o Real Avilés, é un recentemente ascendido atípico, cun proxecto que busca seguir ascendendo chanzos dentro do balompé nacional e que apostou forte nas fichaxes para conseguilo.
De momento esa aposta traduciuse no segundo posto provisional na clasificación con tres puntos de vantaxe sobre os granates, unha situación de privilexio que con todo non se está vendo apoiada cunha maior afluencia de afeccionados ás bancadas do Estadio Román Suárez Puerta.
Con máis dun milleiro de socios, o estadio avilesino contou no seu último encontro con 683 espectadores, unha cifra que o club asturiano quere mellorar na vista do Pontevedra, considerado ademais como rival directo para pelexar polo ascenso.
Por ese motivo o Avilés decidiu fixar o horario do encontro (domingo 21 de novembro, 12.00 horas) a petición popular. Aínda que habitualmente os seus partidos na casa disputábanse ás 17.00 horas da tarde do domingo, o club habilitou unha enquisa a través das súas redes sociais nas que saíu vencedora a opción matinal.
En concreto recibíronse 914 votos, cun resultado axustado apoiando 476 seguidores o horario das 12.00 horas e 438 o habitual das 17.00.
O Avilés tomouse como vinculante a consulta para fixar o duelo ante os granates, acompañando a acción con outra iniciativa, a de que cada socio poida retirar unha invitación para o choque. Todo para tentar contar cun maior apoio nas bancadas nun partido sinalado como importante por ambos os dous equipos.
Ya tenemos horario
— Real Avilés Industrial (@RealAvilesind) November 5, 2021
@PontevedraCFSAD
12:00
TW (387 votos):
213 (12 h)
174 (17 h)
IG (476 votos):
241 (12 h)
235 (17 h)
FB (51 votos):
22 (12 h)
29 (17 h)
Total:
12:00 = 476 votos
17:00 = 438 votos
GRACIAS a todos pic.twitter.com/Aim86AJBbh
Relacionadas:
-
Golpe de autoridade do Pontevedra vencendo e convencendo en Avilés (0-3)
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez avanza cambios en Avilés: "Hai que darlle unha volta a todo cando veñen dous partidos sen vitorias"
Por Diego Espiño |
-
Santi Figueroa, Pablo López e Jacobo, os 'esquecidos' de Ángel Rodríguez
Por Diego Espiño |
-
O esperado derbi entre Pontevedra e Arosa na Segunda RFEF xa ten data e hora
Por Redacción |
-
A volta de Rufo, sen présa: "É certo que está a avanzar a súa recuperación pero é lenta"
Por Diego Espiño |
-
Dominio estéril do Pontevedra diante dun defensivo Navalcarnero (0-0)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |