Mareantes e Pontevedra Rugby Club conxúranse para lograr a súa primeira vitoria en liga
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Mareantes RCP buscará en casa a súa primeira vitoria. Será este sábado ás 16.15 horas no Campo de Rubgy de Monte Porreiro. Visítalles o CD Zalaeta, un equipo que comezou con mal pé na liga, pero do que os locais non se fían. Son un rival difícil de bater, xa que tradicionalmente conta cun plantel moi conxuntado e competitivo.
Na escuadra pontevedresa pesarán algunhas baixas por lesión como a do medio de melé Fede Carrara, que sufriu unha forte contusión no seu nocello a pasada xornada ou a do segundo liña Yago "Timón", que se suman á do segundo capitán, Mateo da Fonte, aínda convalecente dos seus problemas lumbares desde comezos da presente pretemporada.
O Mareantes traballou duro esta semana baixo as ordes do Guillermo Landrove para corrixir os erros que a pasada semana fixeron que un partido que, de inicio víase encarrilado, se complicase na segunda parte pola falta de definición e as sucesivas malas decisións que tomaron os pontevedreses froito da precipitación.
O PONTEVEDRA RC, A PUNTUAR EN LALIN
Pola súa banda, o Coreti Lalín recibirá o sábado ás 18:00 horas ao Pontevedra RC no Miguel Ángel Cortizo. Os pontevedreses, que xa venceu ao seu rival en pretemporada, queren estrear o seu cadro de puntos para intentar pasar unha tempada tranquila na parte media da táboa. ÿ o obxectivo que tamén teñen os dezanos, cun equipo moi novo e con todas as virtudes do rugby lalinés.
O Pontevedra RC, que tivo que aprazar a xornada pasada contra Zalaeta pola coincidencia de horarios do Campo de Rugby de Monteporreiro, chega curto de efectivos a esta terceira xornada de liga, así que Chamy Doval terá que axustar as diferentes liñas do equipo para que non se noten as baixas.