A auga non detén o inicio da fase final no XII Torneo Internacional de Sanxenxo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo tívose que apoiar no Casino Mercantil de Pontevedra, ai igual que fixera este último a pasada semana, para sacar adiante a programación do XII Torneo Internacional de Tenis ante a continua chuvia caída nas instalacións.
A competición iniciou este martes a fase final na que a principal sorpresa foi a eliminación da recente campioa en Pontevedra, a rusa Evgeniya Levashova, ás mans da tenista romanesa Elena Ruse (6-4, 3-6 e 6-3).
Tamén destacou a campioa de España cadete Cristina Bucsa, remontando no seu partido ante Anastasiya Shoshyna para impoñerse no terceiro set (4-6, 7-5 e 7-5).
Pola súa banda no cadro masculino o terceiro cabeza de serie, o español Álvaro López pasou de rolda nunha xornada na que non saltaron á pista os dous principais favoritos.