Partido serio do Cisne que se impón con suficiencia (18-24) á SAR en Redondela
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Pouco aguantou a SAR de Redondela ao Cisne. O equipo local mantivo o tipo no primeiro cuarto de hora, pero a partir de aí os de Edín Covelo deixaron patente a súa superioridade, baseando o seu xusto triunfo nunha boa defensa e a actuación en portaría.
O conxunto redondelano conseguiu levar a iniciativa nos primeiros compases, chegando ao ecuador da primeira parte con mínima vantaxe, pero o Cisne remontaría para escaparse paulatinamente ata irse ao descanso xa con seis goles arriba.
Na segunda parte os pontevedreses foron administrando a renda para chegar ao final cunha vitoria xusta e un xogo sólido que non deu opción aos seus rivais.
SAR PLASTIC OMNIUM (18): Martín, Marcos (p.s.); Damián, Brais (2), Gustavo (6), Iñaki, Marcos, Carlos Rey, Bruno (7), Fernando (1), Manuel Rey, Héctor (2), Samuel, Manuel Ferreira e David.
CISNE (24): Edu Alonso, Iago González (p.s.); Rafa Gestido, David López, Iván Abilleira, Pablo Domínguez (5), Álex Chan (4), Pablo Rey (1), Rafa Dasilva (7), Pablo Picallo (1), Javier Vázquez (1), Carlos Rodríguez (3), Alberto López (1) e Miguel Simón (1).
Árbitros: Jonathan Lázaro e David Portugal. Excluíron por dous minutos a Gustavo, Manuel Rey (2) e David Parcero, pola SAR, e a Pablo Domínguez (2), Álex Chan, Rafa Dasilva e Miguel Simón (2), polo Cisne.
Marcador (cada cinco minutos): 3-1, 4-3, 5-4, 5-7, 6-11, 7-13 (descanso), 9-16, 9-16, 13-17, 14-21, 17-22 e 18-24 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal de deportes de Redondela. Uns 150 espectadores.