O Arxil renova ao seu outro piar, Carla Fernández
Por Redacción
Despois de asegurar a continuidade da capitá do primeiro equipo, María Lago, o Arxil confirma tamén a renovación de Carla Fernández, outro peso pesado do vestiario que cumprirá o próximo curso a súa duodécima tempada no conxunto pontevedrés.
A base acumula máis de 350 partidos de liga lucindo as cores do Arxil e no club ven nela unha xogadora fundamental nos esquemas de Maite Méndez nas últimas tempadas.
Viguesa de nacemento e pontevedresa de adopción, Carla chegou á cidade do Lérez procedente do Carmelitas no curso 2010-2011, despois de xogar en categorías inferiores no Seis do Nadal e Celta. A súa calidade, carácter gañador e o compromiso que ten co Arxil fíxolle gañarse moi pronto o agarimo de toda a afección.
Na última tempada, Fernández acumulou 787 minutos na liga regular, anotando 167 puntos, con 91 rebotes, 55 balóns recuperados, 46 asistencias e unha valoración de 107 en 26 partidos.
Relacionadas:
-
A serbia Dunja Buzadin e a compostelá Nerea Liste, presentadas como novas fichaxes do Arxil
Por Diego Espiño |
-
O Arxil ponse en marcha coas renovacións de Aldara e Margarita e o regreso de Violeta
Por Redacción |
-
Margarita Moreira e Noa Casalderrey seguirán un ano máis no Arxil
Por Redacción |
-
Forster continúa no Arxil por terceira tempada consecutiva
Por Redacción |
-
Cristina Díaz Pache, terceira peza para a nova aventura do Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil renova á súa capitá, María Lago
Por Redacción |