Inicio ligueiro con derrota (38-17) para o Pontevedra Rugby Club en Vigo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Non puido empezar de xeito positivo a tempada para o Pontevedra Rugby Club (PRC) na súa estrea na 1ª División Galega.
O equipo lerezano deu a cara na casa dun dos favoritos, o Universidade de Vigo B, pero non puido lograr a vitoria (38-17).
Faltáronlle efectivos aos pontevedreses ante un conxunto vigués superior que encarrilou o encontro a partir do minuto 25 con tres ensaios consecutivos (24-3).
Mellorou o Pontevedra RC na segunda metade e logrou facer dous ensaios para redondear o marcador final.
DESCANSO PARA O MAREANTES
Nesta primeira xornada ligueira tocoulle descansar o Mareantes RC, que debutará o próximo fin de semana tamén ante o filial do Universidade de Vigo, mentres o Pontevedra RC volverá xogar como visitante, nesta ocasión na casa do Zalaeta.