O Pontevedra busca a súa identidade fronte a un rival incómodo como As Pontes
Por Ramiro Espiño
Período de transición con urxencias. Á espera de novo adestrador, o Pontevedra afronta o seu compromiso fronte a un sempre incómodo As Pontes (domingo, 17:00 horas, en Pasarón), como un partido no que non só estarán en xogo tres puntos, se non no que os granates deben comezar a buscar a súa identidade como equipo, para iniciar a escalada cara aos postos altos da táboa.
Baixo a dirección arbitral do colexiado coruñés, Ángel del Río Amor, os granates terán en fronte un equipo que, adestrado por Manolo García, conta nas súas filas con homes de acreditada experiencia e veteranía, como os ex-granates Pablo López e Aitor Díaz, ademais de xogadores como Bossa e Sergio Arias, e que intentarán pescar en río revolvido, para resarcirse ademais da súa primeira derrota da tempada, encaixada a pasada xornada no seu campo, fronte ao Barbadás.
Con Manu Fernández ao leme de forma interina, o equipo levou a cabo catro sesións de traballo plenas de intensidade e moita carga, tanta que algúns acusaron o forte ritmo imposto polo segundo adestrador do Pontevedra, que intentou desta forma corrixir erros anteriores e que, polo visto nesas xornadas de traballo, a última na mañá do sábado, en Principe Felipe, realizará cambios tanto no equipo titular como especialmente no sistema e posicionamento táctico sobre o terreo.
Precisamente nese último ensaio Manu Fernández encontrouse cun contratempo inesperado en forma de lesión de Fran Fandiño, xogador que apuntaba titular fronte ao equipo de As Pontes. Nunha carreira realizada Fran sentiu molestias musculares no cuadríceps que o obrigaron a parar o traballo, e tras ser examinado pola fisioterapeuta, Nerea Videira, lle deixaron fóra da convocatoria.
Deste modo, Fran Fandiño únese ás baixas por lesión de Javi Otero, Benja e Caco, que adestraron á parte do grupo, ademais do sancionado Miguel. Cinco baixas compensadas en parte pola presenza de Yago Vázquez, que o venres se incorporaba ao grupo plenamente tras concluír os seus compromisos laborais, o que fai que Manu Fernández non tivese que escoller á hora de realizar a convocatoria, xa que conta unicamente con 16 xogadores dispoñibles do primeiro equipo.
Unha convocatoria integrada, polo tanto, por: Edu, Paco, Adrián, Yago Vázquez, Pablo, David Feito, Candela, David García, Moreira, Pablo Lede, David Pérez, Luismi, Richi, Tubo, Pablo Carnero e Santi Domínguez.
O técnico granate, Manu Fernández, falaba do rival á conclusión do adestramento: "Es un equipo experimentado, del que me preocupan muchas cosas, pero desde mi punto de vista de lo que de verdad debemos preocuparnos es de hacer nuestro trabajo bien. Si lo hacemos así, es difícil que cualquier equipo de tercera nos pueda, pero claro, hay que estar metidos al cien por cien, si no es imposible que ganemos. Jugamos en casa, tenemos una plantilla del más alto nivel para la categoría, y espero que tengan que procuparse más ellos por nosotros que nosotros por ellos".
Manu Fernández: "Confío en que los jugadores a base de intensidad, esfuerzo y trabajo logren que los silbidos, si los hay, se conviertan en aplausos"
Tamén fixo alusión á posible resposta do público en Pasarón: "Darán la respuesta que tengan que dar. Venimos de perder en Laracha y eso es negativo. Hay un cambio en la dirección y en la intensidad de entrenamientos que se ha visto esta semana y creo que puede ser un buen momento para empezar otra vez. Conozco Pasarón y supongo que estarán disconformes con los resultados y el juego, pero confío en que los jugadores desde el primer minuto consigan hacer que cambien de opinión y que a base de intensidad, esfuerzo y trabajo logren que los silbidos, si los hay, se conviertan en aplausos. El equipo ha tenido un cambio positivo. Está trabajando con una intensidad que yo no le había visto hasta ahora, no sé el motivo, eso que lo digan ellos, pero lo que tengo que decir es que el equipo está trabajando increíblemente bien, y esa es la base de cualquier éxito, el esfuerzo".