Un terceiro posto final e a clasificación da montaña, botín do Froiz na Vuelta a Zamora
Por Redacción
Ao Grupo Deportivo Supermercados Froiz resistíuselle o triunfo na Vuelta a Zamora, aínda que foi un dos grandes animadores da rolda por etapas.
O conxunto pontevedrés disparou ao pau nas dúas primeiras xornadas, empezando pola cronoescalada disputada na localidade de Toro na que Pablo Alonso foi segundo a só 5 segundos do vencedor Francisco García (Cortizo).
Na segunda xornada volveu escapar o triunfo nun sprint no que Nicolás Antorena foi segundo, sen que se producisen diferenzas na xeral, mentres que na terceira etapa, de novo ao sprint, Pablo Alonso foi sexto manténdose terceiro e con opcións na xeral.
Todo quedaba para a cuarta e última etapa, e nela o protagonismo foi para Víctor Etxeberría, que na etapa reina con tres portos de montaña meteuse no corte bo de 4 ciclistas entre os que estaría o podio final. Víctor quedou lixeiramente na última ascensión, o que lle impediu pelexar pola vitoria final que levou Eduardo Pérez e a xeral que foi para Eugenio Sánchez (Lizarte).
Con todo o bo papel do do Froiz permitiulle levar a clasificación da montaña. Ademais Pablo Alonso foi segundo na xeral por puntos e o cadro alimenticio foi segundo na clasificación por equipos tras o Valverde Team.
Relacionadas:
-
Daniel Jiménez, do Supermercados Froiz, acaba terceiro o Gran Premio Ciudad de Vigo
Por Redacción |
-
O Supermercados Froiz pon fin a unha semana inesquecible cun quinto posto de Pablo Alonso na Volta Comarca Brigantina
Por Redacción |
-
Pablo Alonso fai historia para o Froiz e coróase na Copa de España en categoría elite
Por Redacción |
-
Pablo Alonso, a un paso de alzarse coa Copa de España elite
Por Redacción |
-
O Froiz dispara ao pau no Trofeo Guerrita cun Pablo Alonso que colle o liderado elite da Copa de España
Por Redacción |