Clara derrota do Portonovo en Pontellas (4-0)
Por Redacción
Segunda derrota consecutiva do Portonovo de Ricardo Fernández, esta vez de xeito claro na casa do Pontellas (4-0).
Os arlequinados non souberon sobrepoñerse ao temperán gol de Chuli aos tres minutos e en ningún momento se encontraron cómodos sobre o terreo de xogo.
Por se non fose suficiente, pouco antes do descanso o colexiado sinalou un penalti que Diego Blanco transformou no 2-0 nun tanto dos considerados psicolóxicos.
Nada máis volver de vestiarios o Pontellas marcou o terceiro, tamén de Diego Blanco, sentenciando mediada a segunda parte Caco co definitivo 4-0.
Con este resultado o Portonovo descólgase da zona nobre da clasificación e queda, con oito puntos, a só un dos postos de descenso.
CD PONTELLAS (4): Iván, Adrián, José, Chuvi, Rubén, Diego Blanco (Barros, min.78), Álex (Caco, min.60), Chus (Isaac, min.76), Comis, Chuli, Lucas.
PORTONOVO SD (0): Marcos, Iván Renda, Suso Martínez (Nico, min.82), Dopazo, Vidal (Iván, min.66), Luis Alberto, César (ÿscar García, min.66), Nacho, Víctor, Silva (Rodri, 75), Álex Cubas.
Árbitro: Ventoso Noal (Santiago). Amoestou a Chuli no Pontellas e a Dopazo no Portonovo.
Goles: 1-0 Chuli, min.3; 2-0 Diego Blanco de penalti, min.41; 3-0 Diego Blanco, min.50; 4-0 Caco, min.72.
Incidencias: Partido disputado no estadio de San Campio, Pontellas.