Luisito: "Tiña claro que si chego a descender co Pontevedra non adestro máis"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
Emocionado e sen palabras. Así estaba o adestrador do Pontevedra CF, Luisito, despois da vitoria lograda este domingo ante o Oviedo B e que supuxo a permanencia do equipo en 2ª RFEF. "Tiña claro que se chego a descender co Pontevedra non adestro máis", comentou entre bágoas o de Teo.
"Evidentemente o mal que o pasamos solo o sabemos nós, e para min é un alivio enorme", explicou o técnico, que sabía ao que se enfrontaba no mes de febreiro cando fichou co equipo granate. Un equipo que foi dos "máis perxudicados" co novo formato de liga e co que Luisito, reitera, non está de acordo e considera "unha estafa ao fútbol".
Un fútbol que lle debe moito ao Pontevedra, máis atinado para gol neste último partido pero ao que aínda queda moito por facer e corrixir. Por iso o de Teo cre que será a partir de agora cando se pode "construír un Pontevedra moi grande".
Estará presente Luisito nese futuro granate? É unha pregunta para a que o técnico non ten resposta e deixa no aire una das incógnitas que sobrevoarán Pasarón nas próximas semanas.
Cos deberes xa feitos, o técnico só pensa en descansar e non quere falar máis de fútbol, pero destaca que os seus xogadores "non son tan malos como esta liga demostrou".
Tamén falaron Churre, Jorge Fernández e Martín Diz ao finalizar o duelo. Un encontro no que, segundo o catro do Pontevedra, "nos jugábamos más que tres puntos, sería una castástrofe bajar".
Con este partido ponse fin a unha tempada que cualifica de "pesadilla y durísima mentalmente para todos" na que "íbamos a luchar por otros objetivos y al final terminamos salvándonos en la última jornada", pero que concluíu cunha vitoria "justa" e cun resultado "que nos merecíamos", concluíron Fernández e Diz.
Relacionadas:
-
Cinco futbolistas con contrato e moitas incógnitas no novo proxecto do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra competirá o próximo ano nunha liga con 90 equipos divididos en 5 grupos de 18
Por Redacción |
-
Lupe Murillo pide desculpas pola "ilusión que generamos" e xa pensa en "buscar mejoras" para a próxima tempada
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Sufrimento e salvación con goleada final (3-0) para un Pontevedra que evita caer á Terceira RFEF
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Luisito: "Válenos o empate, pero hai que gañar"
Por Manu Otero |
-
Álvaro Cortes: "O máximo que podemos darlle á afección é unha vitoria e o equipo vai ir a matar a por ela"
Por Manu Otero |