Xornada clave para o Poio Pescamar co play-off polo título á vista
Por Redacción
Despois dunha semana de descanso, o Poio Pescamar volve á acción e faino cunha xornada vital para as súas aspiracións de entrar por primeira vez na súa historia no play-off polo título da Primeira División.
As vermellas viaxan á cancha do Móstoles (sábado 22, 16.00 horas), coa intención de conseguir un triunfo que, en función dos resultados noutras pistas, pode darlle a clasificación matemática para a final a 4.
A falta só de dous encontros, o conxunto conserveiro é cuarto na táboa con 42 puntos, polos 41 que atesoura o quinto clasificado, un Melilla que recibe o líder, o potente Futsi Atlético. Ademais outro dos rivais, o Roldán, que é terceiro con 44 puntos, enfróntase esta semana ao outro galo da competición, o Burela, xa clasificado como o Futsi para o play- off. O último equipo en discordia aínda que con opcións máis reducidas é o Alcorcón (39 puntos), que recibe o Ourense Envialia.
As de Manu Cossío saltarán á pista sabendo xa o que fixo un deses rivais, o Roldán.
De non conseguir pechar o billete á final a 4, o Poio Pescamar contará cunha última opción o 29 de maio, data na que recibirá o Alcorcón na Seca. Pase o que pase noutras pistas, un triunfo en Móstoles permitiríalles depender de si mesmas na xornada definitiva.
Relacionadas:
-
Importante triunfo en Móstoles do Poio Pescamar, que mete pé e medio no play-off polo título (0-1)
Por Almu Dapena |
-
Derrota do Poio Pescamar contra o Burela a 10 segundos do final (0-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Iria Varela, citada por primeira vez coa Selección Española Sub-19 de fútbol sala
Por Diego Espiño |
-
Renovado o convenio de patrocinio entre o Concello e o Poio Pescamar
Por Redacción |
-
A afección do Poio Pescamar volve ao pavillón da Seca 14 meses despois
Por Diego Espiño |
-
Duro castigo para o Poio Pescamar na súa visita a Melilla (5-2)
Por Almu Dapena |