Empate in extremis do Sanxenxo na casa do Atios (1-1)
Por Redacción
Segue sen encadear dous triunfos consecutivos o Xuventú Sanxenxo, pero son xa catro xornadas sen perder as que suman os amarelos tras o empate obtido na cancha do Atios (1-1).
Os de ÿscar García poden darse por satisfeitos despois de salvar un punto grazas a un gol de Cuchi no minuto 89, despois de que o dianteiro amarelo aproveitase un rexeitamento.
Antes o Atios adiantárase no minuto 67 por medio de Jacobo.
Con este empate o Sanxenxo sitúase no medio da táboa con oito puntos, a só tres da segunda praza.
UD ATIOS (1): Miguel, Sombri, Cal, Monzi, Bubi, Julio Alberto, Romero (Maroto, min.86), Asier, ÿscar Lago, Curiel (Jacobo, min.46), Asier, Dieguito (Lira, min.75).
XUVENTÿ SANXENXO (1): José, Javi, Fiti, Minso, Alfonso (Diego Blanco, min.68), Cañi, Rober, Aguín (Hugo, min.58), Nel, Cuchi, Cerqueiras.
Árbitro: García Vázquez (Ourense). Amoestou aos locais Romero, Lira, ÿscar Lago e Dieguito e a Fiti e Cañi nos visitantes.
Goles: 1-0 Jacobo, min.67; 1-1 Cuchi. min.89.
Incidencias: Partido disputado no campo deo Carballo.