Polémica arbitral en Negreira e triunfo con gol de Hugo (0-1) dun Arosa imparable
Por Redacción
Victoria e coliderado. O Arosa de Piscis segue imparable e nun partido marcado pola polémica arbitral soubo sacar renda da superioridade numérica de que gozou durante máis dunha hora para anotarse a vitoria e sumar tres novos puntos que lle valen para compartir o primeiro posto da táboa co Cerceda.
O Negreira e a súa afección tardarán en esquecer a actuación do colexiado vigués, David Iglesias Melón, que aos 28 minutos expulsaba con vermello directo a Jesús Ramos, nunha acción discutible, por entender agresión na disputa dun balón cun contrario. Logo tomarían o camiño anticipado dos vestiarios o técnico local, Víctor Santos, ademais do delegado e utillero do Negreira, para rematar no desconto expulsando tamén con tarxeta vermella directa ao xogador ÿscar Toja.
Entre o primeiro expulsado e ese final polémico, o conxunto arosista soubo xogar as súas bazas, explotando a súa velocidade á contra. O Negreira intentou levar o mando do partido, pero non acertou nos metros finais.
Os de Piscis, que malograran varias ocasións claras case sempre con Hugo a medias, incluíndo un disparo de Adrián Camiño ao poste, encontrarían o gol a falta de 10 minutos nas botas do propio Hugo que, esta vez si, aproveitou un excelente pase de Ramón para salvar a Diego Penas e facer o gol da vitoria, mentres afeccionados e equipo local remataban indignados polo labor arbitral.
S.D. NEGREIRA (0): Diego Penas; Juan Diego, Diego Gesto, Bautista, García, Jesús Ramos, Adrián Vázquez (Toja, minuto 73), Anxo, Juan (Diego Otero, minuto 13), Gonzalo y Álvaro.
AROSA S.C. (1): Jorge Pérez; Juanjo, José Ángel, Munín (Alfonso, minuto 37), Martín, Rivas, Jesu, Nando, Eloy (Ramón, minuto 70), Adrián Camiño y Hugo (Santi, minuto 88).
Árbitro: David Iglesias Melón (Vigo), auxiliado nas bandas por Cristian Vázquez Martínez e Daniel Álvarez Domínguez. Expulsou os xogadores do Negreira, Jesús Ramos (minuto 28) e ÿscar Toja (minuto 91), ambos os dous con tarxeta vermella directa. Ademais, tamén expulsou ao adestrador do Negreira, Víctor Santos, ao delegado e utillero do conxunto local.Amoestou a Diego Otero, Álvaro, Bautista, García, Anxo, Gonzalo e Penas polo Negreira e a Hugo polo Arosa.
Goles: (0-1) Minuto 80: Hugo.
Incidencias: Campo García Calvo (Negreira). Uns 350 aficionados.