Semana Santa multideporte para os nenos e nenas de Marín
Por Redacción
Nunha Semana Santa condicionada pola situación actual, o deporte ofrécese como unha grande alternativa para as nenas e nenos de Marín.
É o que pensaron tanto o Concello como os clubs da localidade, que desenvolven estes días un campus multideporte.
No mesmo poden participar nenos e nenas de entre 6 e 12 anos de idade.
Durante estas xornadas os participantes gozan de diversas actividades e modalidades deportivas usando para iso instalacións municipais como os pavillóns ou o Estadio de San Pedro, entre outras.